lunes, 1 de febrero de 2016

Exame Clima e tempo

Xa chegou a segunda avaliación e, ainda que todos estamos xa pensando no Entroido, temos que facer todo o que podamos por concentrarmonos e facer moi ben os exames que quedan.
Para este exame é importantísimo:

  • Saber as capas da atmosfera en orde e as cousas que suceden nelas (onde se producen as precipitacións, onde están os satelites artificiais...)
  • Explicar en que consiste o efecto invernadoiro usando as palabras da lección
  • Distinguir tempo e clima
  • Saber que é a temperatura, presión atmosférica, etc e con que instrumentos se miden, así como as unidades en que se expresan esas medidas.
  • Catro ou cinco exemplos do impacto das nosas accións no medio ambiente e por suposto catro ou cinco formas de evitar perxudicalo.
  • Un par de exemplos de como nos dana a nós ese cambio.
  • Cales son os factores climáticos e como afecta cada un deles ao clima. 
  • Interpretar un mapa meteorolóxico (que tempo irá en Coruña, de que dirección ven o vento...)
  • E xa para acabar debedes ser capaces de debuxar un gráfico de temperaturas e un de precipitacións. 
Como vedes son as cousas importantes que repasamos na clase cada día e na ficha que vos mandamos.