jueves, 27 de noviembre de 2014

Exame de Sociais :O plano, o mapa e as paisaxes

Neste tema tedes que repasar ben o seguinte:
- Que é un plano e os seus elementos (páx 121)
- Que é un mapa e os seus tipos. En que tipo de mapa buscariamos un río, unha estrada...? (páx 122)
-O Tema 7 : As paisaxes

  •        Que son? Cales son os seus elementos?
  • Distinguir entre paisaxe natural e humanizada
  • Que é unha montaña, un val, unha serra e unha cordilleira
  • Partes dunha montaña (Non vale con coñecer só as palabras, hai que saber onde están)
  • Oficios e características propios da montaña
  • Que é unha chaira, unha  meseta, unha depresión e un outeiro
  • Oficios e características propios das chairas
  • Que é unha paisaxe de costa. Tipos.
  • Fixádevos moi ben nas formas da costa porque hai que saber definilas e localizalas nun debuxo.
  • Oficios e características propios da costa


miércoles, 12 de noviembre de 2014

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Exame de Sociais: Auga e aire



·         Neste exame é importante que sepades:


  • Que é a Atmosfera e as dúas capas que estudamos este ano: Troposfera e Estratosfera. Non esquezades botarlle un repaso ás cousas que acontecen en cada unha delas, especialmente na Troposfera. 
  • Saber porqué  a Atmosfera e Capa de Ozono son tan importantes para nós e como coidala.
  • Diferenciar clima e tempo atmosférico
  • As tres grandes zonas climáticas da Terra e algunha das súas características (que ninguén vaia dicir que na zona fría vai calor todo o ano, por exemplo)  e en que zona se atopa Galicia.
  • Identificar os distintos fenómenos atmosféricos e saber explicar as súas causas. (Como se forma a neve ou a sarabia, porqué chove...)
  • Explicar o Ciclo do Auga e como se forman as nubes.
  •  Que é a meteoroloxía e para que se usa (meteorólogos, mapas do tempo, aparellos de medida...)
  • Que é a hidrosfera? Onde atopamos o auga na Terra? En que estado se atopa? podese consumir toda ela?
  • Que podemos facer para protexer a hidrosfera (lembrade o video de Gotín que nos daba moi bos consellos)
  • Porqué é tan importante o auga para nós?
  • Estados en que podemos atopar o auga e o nome dos cambios de estado (non confundades os cambios de estado: sólido, líquido ... cos cambios de estado: fusión, solidificación...)



·      
·       

martes, 4 de noviembre de 2014

Raios e tronos

Nestes  días vimos de ter tormentas que fan que xurdan moitas preguntas e incluso que algún de nós pasemos medo. Aquí tedes algunha información que pode ser do voso interese.


Preme e aprende

Xa que estamos traballando co computador cómpre lembrar que nunca debedes de estar vós solos nel. Esta necesidade é maior que nunca neste caso posto que o enlace non leva a un contido creado por min senón por outra persoa e desde a súa páxina sería posible acceder a outros contidos que poderían non ser axeitados para vós.

Así pois NO COMPUTADOR SEMPRE ACOMPAÑADOS DUN ADULTO

domingo, 2 de noviembre de 2014

sábado, 1 de noviembre de 2014

Cambios de estado do auga

Aquí tedes o enlace para que podades ver os videos de hoxe sobre os cambios de estado do auga.

Os cambios de estado paso a paso

Escoita con atención e fíxate moito nos cambios de estado

O aire e o auga

Durante estos días en Sociais estamos traballando un tema relacionado co aire e o auga. 
Aquí tedes uns enlaces interesantes para saber un pouco máis sobre estos temas:

Como se forman a neve e a sarabia?

Folerpas de neve formándose lentamente

Nubes de laboratorio       Moito ollo, non se pode facer un experimento así na casa sen axuda dos pais nin sen un vidro axeitado, pois se o vidro non é templado rompería en miles de anacos co cambio de temperatura e iso sería moi perigoso