jueves, 27 de noviembre de 2014

Exame de Sociais :O plano, o mapa e as paisaxes

Neste tema tedes que repasar ben o seguinte:
- Que é un plano e os seus elementos (páx 121)
- Que é un mapa e os seus tipos. En que tipo de mapa buscariamos un río, unha estrada...? (páx 122)
-O Tema 7 : As paisaxes

  •        Que son? Cales son os seus elementos?
  • Distinguir entre paisaxe natural e humanizada
  • Que é unha montaña, un val, unha serra e unha cordilleira
  • Partes dunha montaña (Non vale con coñecer só as palabras, hai que saber onde están)
  • Oficios e características propios da montaña
  • Que é unha chaira, unha  meseta, unha depresión e un outeiro
  • Oficios e características propios das chairas
  • Que é unha paisaxe de costa. Tipos.
  • Fixádevos moi ben nas formas da costa porque hai que saber definilas e localizalas nun debuxo.
  • Oficios e características propios da costa


No hay comentarios:

Publicar un comentario