Moi boas a todos e todas. Imos ver o que entra para o exame de CC. Sociais:
-Primeiro e moi importante: Os sectores da economía. Tedes que saber profesións de exemplo de cada sector, repasar todas esas que aprendemos en clase (apicultura, piscicultura...) e as que veñen no libro, explicar como sabemos que unha profesión pertence a un sector e non a outro, relacionar profesións dun sector coas doutro (Igual que fixemos en clase. Por exemplo: se eu son agricultor, no sector secundario relacionome cunha fábrica de fariña ou de galletas e no terciario cun supermercado)
- Oficios do sector primario: en que consisten os que traballamos na clase (agricultor, gandeiro...) , os tipos de agricultura, gandeiría e pesca.
-Coñecer que son a industria e a artesanía e as súas diferenzas. Tipos de industria e exemplos de productos que se elaboren nelas.
- Traballos do sector servizos: en que consisten, distinguir os servizos públicos e privados. Como se pagan os salarios das persoas que traballan nos servizos públicos?.
- Que é o comercio? A que chamamos proceso comercial?
- Explicar como un producto vai desde o lugar de producción hasta o consumidor.
- Como se chaman os distintos establecementos comerciais e cales son as súas características. Non esquezades a compra por internet. Debedes saber eplicar os seus parecidos e diferencias.
- Logo queda unha parte que está chupada. Os medios de comunicación. De novo hai que saber que tipos existen e dar exemplos deles. Indica se serven para transportar pasaxeiros ou mercadorías, como se chama "o camiño polo que van" e as instalacións que precisan (por exemplo asociando avión -aeroporto, tren-estación ou vías...) e esa pregunta que tanto traballo nos deu en clase. Porque é tan importante o transporte terretre de mercadorías?
Fixádevos moi ben en todos esos nomes raros que andan pola lección adiante porque xa sabedes que tedes que utilizalos nas vosas respostan e estarán nas nosas preguntas. Estamos en terceiro, non o esquezades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario