Velaquí tedes o que vai entrar:
- As capas da Terra (Tedes os apuntes na libreta)
- Capas da xeosfera e definición de litosfera. Mirade ben de que está feita cada capa. Non esquezades o debuxo!!
- A definición de rocha (Non ten que ser idéntica á do libro, xa o sabedes pero ten que ter sentido e debedes usar as palabras que aprendichedes no tema) e as características que se usan para distinguilas.
- A definición de mineral e as súas propiedades. De novo coas vosas palabras, sobretodo as explicacións de esas propiedades.
- Definición de depósitos e saber algún exemplo destes.
- Exemplos dos distintos usos que se fan, na vida cotia, dos minerais. (por exemplo saber que usamos o petroleo como fonte de enerxía)
- O máis probable é que teñamos unha pregunta desas un pouco máis difíciles, relacionadas coas cousas que vimos na clase, por exemplo saber explicar o motivo polo que pode ser que duas pedras exactamente do mesmo tamaño teñan diferente peso.
Repasade moito e se vedes que esquecín algo avisádeme que o engadimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario