Neste caso pouco máis temos que engadir á ficha que xa tedes.
Estudade ben os termos do tema porque debedes empregalos correctamente e non deixedes de mirar ben o mapa dos ríos pois como vos comentamos ides ter unha pregunta relacionada directamente cos mapas.
Ánimo e a estudar moitísimo.
Deixovos o enlace aos mapas que usamos en clase na PDI . Preme1
Preme 2
miércoles, 11 de noviembre de 2015
jueves, 1 de octubre de 2015
Exame Rochas e Minerais
Velaquí tedes o que vai entrar:
- As capas da Terra (Tedes os apuntes na libreta)
- Capas da xeosfera e definición de litosfera. Mirade ben de que está feita cada capa. Non esquezades o debuxo!!
- A definición de rocha (Non ten que ser idéntica á do libro, xa o sabedes pero ten que ter sentido e debedes usar as palabras que aprendichedes no tema) e as características que se usan para distinguilas.
- A definición de mineral e as súas propiedades. De novo coas vosas palabras, sobretodo as explicacións de esas propiedades.
- Definición de depósitos e saber algún exemplo destes.
- Exemplos dos distintos usos que se fan, na vida cotia, dos minerais. (por exemplo saber que usamos o petroleo como fonte de enerxía)
- O máis probable é que teñamos unha pregunta desas un pouco máis difíciles, relacionadas coas cousas que vimos na clase, por exemplo saber explicar o motivo polo que pode ser que duas pedras exactamente do mesmo tamaño teñan diferente peso.
Repasade moito e se vedes que esquecín algo avisádeme que o engadimos.
miércoles, 30 de septiembre de 2015
Os minerais e as rochas.
Nestes días estamos a falar de minerais e moitos de vós trouxéchedes distintos tipos de rochas e minerais para que puidesemos velos.
Neste video tedes un pouquiño máis de información sobre as rochas e minerais

Si queredes investigar aínda máis e ver algúns nomes ben raros aquí tedes un enlace interesante
Neste video tedes un pouquiño máis de información sobre as rochas e minerais

Si queredes investigar aínda máis e ver algúns nomes ben raros aquí tedes un enlace interesante
domingo, 31 de mayo de 2015
Exame de Sociais
Neste exame , ademáis das fotocopias que xa nos entraron no exame anterior (Idades da Historia ... ) a folla que vos entregamos que recolle a información sobre os castrexos e a Idade Media.
Moito ánimo, xa case acabamos!!!
Moito ánimo, xa case acabamos!!!
viernes, 10 de abril de 2015
Exploradores da Historia
Nestes días estamos a ver algúns videos relacionados coa Historia. Irei incluindo os enlaces para que podades botarlles un ollo.
Nacemento da Historia
A Roma Imperial
Nacemento da HistoriaA Roma Imperial
miércoles, 25 de marzo de 2015
Truco para saber cantos días ten un mes
Se premedes neste enlace podedes ver os apuntes de Historia, así se na clase vos quedou algunha errata sen corrixir podedes poñela ben.
lunes, 2 de marzo de 2015
Exame de mapas
Para o próximo exame de Sociais só tedes que preparar os mapas que temos no libro e o mapa de España que se vos entregou.
Como xa sabedes tedes o mapa de Galicia tamén que estamos a facer en clase, calquera dos dous (o do libro ou o de clase serven).
Deixovos ademáis enlaces para que practiquedes e repasedes.
Mapas interactivos. Hai mapas de todo tipo, o político de Galicia en versión puzzle, poñer o nome do lugar marcado, etc. Tamén os hai físicos pero neste caso máis para curiosear ou para contar co recurso para anos posteriores posto que inclúe moitos nomes que aínda non demos.
Lim dos ríos De novo non todo é aproveitable

Suscribirse a:
Entradas (Atom)