Para este exame debedes repasar moi ben o tema 9 do libro 3.2.
Prestade moita atención ás características das vilas e das cidades así como os traballos que se levan a cabo xeralmente en cada tipo de poboación.
Non esquezades esas preguntas que vos dixen que entrarían seguro das que vimos na ficha, por exemplo o texto para averiguar onde vive ou vivía a persoa que fala.
Ánimo que este tema é ben fácil.
Premede para ver o exame
martes, 13 de enero de 2015
jueves, 27 de noviembre de 2014
Exame de Sociais :O plano, o mapa e as paisaxes
Neste tema tedes que repasar ben o seguinte:
- Que é un plano e os seus elementos (páx 121)
- Que é un mapa e os seus tipos. En que tipo de mapa buscariamos un río, unha estrada...? (páx 122)
-O Tema 7 : As paisaxes
- Que é un plano e os seus elementos (páx 121)
- Que é un mapa e os seus tipos. En que tipo de mapa buscariamos un río, unha estrada...? (páx 122)
-O Tema 7 : As paisaxes
- Que son? Cales son os seus elementos?
- Distinguir entre paisaxe natural e humanizada
- Que é unha montaña, un val, unha serra e unha cordilleira
- Partes dunha montaña (Non vale con coñecer só as palabras, hai que saber onde están)
- Oficios e características propios da montaña
- Que é unha chaira, unha meseta, unha depresión e un outeiro
- Oficios e características propios das chairas
- Que é unha paisaxe de costa. Tipos.
- Fixádevos moi ben nas formas da costa porque hai que saber definilas e localizalas nun debuxo.
- Oficios e características propios da costa
miércoles, 12 de noviembre de 2014
miércoles, 5 de noviembre de 2014
Exame de Sociais: Auga e aire
· Neste exame é importante que sepades:
- Que é a Atmosfera e as dúas capas que estudamos este ano: Troposfera e Estratosfera. Non esquezades botarlle un repaso ás cousas que acontecen en cada unha delas, especialmente na Troposfera.
- Saber porqué a Atmosfera e Capa de Ozono son tan importantes para nós e como coidala.
- Diferenciar clima e tempo atmosférico
- As tres grandes zonas climáticas da Terra e algunha das súas características (que ninguén vaia dicir que na zona fría vai calor todo o ano, por exemplo) e en que zona se atopa Galicia.
- Identificar os distintos fenómenos atmosféricos e saber explicar as súas causas. (Como se forma a neve ou a sarabia, porqué chove...)
- Explicar o Ciclo do Auga e como se forman as nubes.
- Que é a meteoroloxía e para que se usa (meteorólogos, mapas do tempo, aparellos de medida...)
- Que é a hidrosfera? Onde atopamos o auga na Terra? En que estado se atopa? podese consumir toda ela?
- Que podemos facer para protexer a hidrosfera (lembrade o video de Gotín que nos daba moi bos consellos)
- Porqué é tan importante o auga para nós?
- Estados en que podemos atopar o auga e o nome dos cambios de estado (non confundades os cambios de estado: sólido, líquido ... cos cambios de estado: fusión, solidificación...)
·
·
martes, 4 de noviembre de 2014
Raios e tronos
Nestes días vimos de ter tormentas que fan que xurdan moitas preguntas e incluso que algún de nós pasemos medo. Aquí tedes algunha información que pode ser do voso interese.
Preme e aprende
Xa que estamos traballando co computador cómpre lembrar que nunca debedes de estar vós solos nel. Esta necesidade é maior que nunca neste caso posto que o enlace non leva a un contido creado por min senón por outra persoa e desde a súa páxina sería posible acceder a outros contidos que poderían non ser axeitados para vós.
Así pois NO COMPUTADOR SEMPRE ACOMPAÑADOS DUN ADULTO
Preme e aprende
Xa que estamos traballando co computador cómpre lembrar que nunca debedes de estar vós solos nel. Esta necesidade é maior que nunca neste caso posto que o enlace non leva a un contido creado por min senón por outra persoa e desde a súa páxina sería posible acceder a outros contidos que poderían non ser axeitados para vós.
Así pois NO COMPUTADOR SEMPRE ACOMPAÑADOS DUN ADULTO
domingo, 2 de noviembre de 2014
sábado, 1 de noviembre de 2014
Cambios de estado do auga
Aquí tedes o enlace para que podades ver os videos de hoxe sobre os cambios de estado do auga.Os cambios de estado paso a paso
Escoita con atención e fíxate moito nos cambios de estado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
