jueves, 1 de octubre de 2015

Exame Rochas e Minerais

Imos estrear o noso primeiro exame de cuarto pero que ninguén se preocupe pporque van ser igualiño que os de sempre.
Velaquí tedes o que vai entrar:
  • As capas da Terra (Tedes os apuntes na libreta)
  • Capas da xeosfera e definición de litosfera. Mirade ben de que está feita cada capa. Non esquezades o debuxo!!
  • A definición de rocha (Non ten que ser idéntica á do libro, xa o sabedes pero ten que ter sentido e debedes usar as palabras que aprendichedes no tema) e as características que se usan para distinguilas.
  • A definición de mineral e as súas propiedades. De novo coas vosas palabras, sobretodo as explicacións de esas propiedades.
  • Definición de depósitos e saber algún exemplo destes.
  • Exemplos dos distintos usos que se fan, na vida cotia, dos minerais. (por exemplo saber que usamos o petroleo como fonte de enerxía)
  • O máis probable é que teñamos unha pregunta desas un pouco máis difíciles, relacionadas coas cousas que vimos na clase, por exemplo saber explicar o motivo polo que pode ser que duas pedras exactamente do mesmo tamaño teñan diferente peso.

Repasade moito e se vedes que esquecín algo avisádeme que o engadimos.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Os minerais e as rochas.

Nestes días estamos a falar de minerais e moitos de vós trouxéchedes distintos tipos de rochas e minerais para que puidesemos velos.

Neste video tedes un pouquiño máis de información sobre as rochas e minerais





Si queredes investigar aínda máis e ver algúns nomes ben raros aquí tedes un enlace interesante



domingo, 31 de mayo de 2015

Exame de Sociais

Neste exame , ademáis das fotocopias que xa nos entraron no exame anterior (Idades da Historia ... ) a folla que vos entregamos que recolle a información sobre os castrexos e a Idade Media.


Moito ánimo, xa case acabamos!!!

viernes, 10 de abril de 2015

Exploradores da Historia

Nestes días estamos a ver algúns videos relacionados coa Historia. Irei incluindo os enlaces para que podades botarlles un ollo.
https://www.youtube.com/watch?v=H9Eye6utwHsNacemento da Historia

A Roma Imperial

miércoles, 25 de marzo de 2015

Truco para saber cantos días ten un mes










Se  premedes neste enlace podedes ver os apuntes de Historia, así se na clase vos quedou algunha errata sen corrixir podedes poñela ben.https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhT-MGHrFlynzcgpqPQPEHAowvUwk5wtQXHh05f5cm8O_QuPMwu_29QT0eQvdweOap4fujekpN7kPNf5Jz55wT5FQuYJkD3iowUrQvMwk9-G4sNmccjEd5tekbWxc1qOxK_vWXT7Qw-JbvU/s1600/pu%C3%B1o2.png

lunes, 2 de marzo de 2015

Exame de mapas

Para o próximo exame de Sociais só tedes que preparar os mapas que temos no libro e o mapa de España que se vos entregou.
Como xa sabedes tedes o mapa de Galicia tamén que estamos a facer en clase, calquera dos dous (o do libro ou o de clase serven).

Deixovos ademáis enlaces para que practiquedes e repasedes.



Mapas interactivos. Hai mapas de todo tipo, o político de Galicia en versión puzzle, poñer o nome do lugar marcado, etc. Tamén os hai físicos pero  neste caso máis para curiosear ou para contar co recurso para anos posteriores posto que inclúe moitos nomes que aínda non demos.

Lim dos ríos  De novo non todo é aproveitable


lunes, 16 de febrero de 2015

Exame Os traballos

Moi boas a todos e todas. Imos ver o que entra para o exame de CC. Sociais:
-Primeiro e moi importante: Os sectores da economía. Tedes que saber profesións de exemplo de cada sector, repasar todas esas que aprendemos en clase (apicultura, piscicultura...) e as que veñen no libro, explicar como sabemos que unha profesión pertence a un sector e non a outro, relacionar profesións dun sector coas doutro (Igual que fixemos en clase. Por exemplo: se eu son agricultor, no sector secundario relacionome cunha fábrica de fariña ou de galletas e no terciario cun supermercado)
- Oficios do sector primario: en que consisten os que traballamos na clase (agricultor, gandeiro...) , os tipos de agricultura, gandeiría e pesca.
-Coñecer que son a industria e a artesanía e as súas diferenzas. Tipos de industria e exemplos de productos que se elaboren nelas.
- Traballos do sector servizos: en que consisten, distinguir os servizos públicos e privados. Como se pagan os salarios das persoas que traballan nos servizos públicos?.
- Que é o comercio?  A que chamamos proceso comercial?
- Explicar como un producto vai desde o lugar de producción  hasta o consumidor.
- Como se chaman os distintos establecementos comerciais e cales son as súas características. Non esquezades a compra por internet.  Debedes saber eplicar os seus parecidos e diferencias.
- Logo queda unha parte que está chupada. Os medios de comunicación. De novo hai que saber que tipos existen e dar exemplos deles. Indica se serven para transportar pasaxeiros ou mercadorías, como se chama "o camiño polo que van" e as instalacións que precisan (por exemplo asociando avión -aeroporto, tren-estación ou vías...) e esa pregunta que tanto traballo nos deu en clase. Porque é tan importante o transporte terretre de mercadorías?

Fixádevos moi ben en todos esos nomes raros  que andan pola lección adiante porque xa sabedes que tedes que utilizalos nas vosas respostan e estarán nas nosas preguntas. Estamos en terceiro, non o esquezades.